Tuesday 14 de May de 2024

O Concello reabrirá o luns o Ximnasio Municipal cun protocolo para facer fronte á COVID-19


Os interesados ou interesadas en acudir deberán solicitalo previamente ao inicio de cada semana.

O Concello de Camariñas reabrirá o próximo luns, 6 de xullo, o Ximnasio Municipal aplicando un protocolo con medidas especiais para facer fronte á COVID-19 e que os usuarios e usuarias poidan facer uso das instalacións con seguridade.
Os interesados ou interesadas en acudir deberán solicitalo previamente ao inicio de cada semana a través dun formulario ( https://forms.gle/VwbVbnwSACuoy2aZ6 ) que está subido na web municipal ou tamén poden facelo de xeito presencial na casa consistorial de 11 a 12:30 horas. As solicitudes só se poderán facer para unha semana.
Só poderán asistir un máximo de 4 persoas por cada franxa horaria e non poderán estar máis de 2 por cada zona do ximnasio (2 en fitness e 2 en cardio).
O protocolo sanitario inclúe medidas como o uso de máscara antes do inicio e no remate da sesión, desinfectar o calzado e as mans, deixar o material nunha bolsa que será facilitada na instalación e deixala na taquilla, desinfectar cada máquina usada despois de cada uso, usar toalla e luvas, ou utilizar os carrís marcados no chan. Non se poderá facer uso dos vestiarios.